MAIS INFO

AS XORNADAS

O voluntariado é un xeito de demostrar a solidariedade organizada, unha intervención da comunidade na resolución dos seus problemas. A acción voluntaria expresa a responsabilidade e implicación das cidadás e cidadáns no desenvolvemento comunitario; en definitiva, o voluntariado é unha ferramenta para exercer o dereito a participar e transformar a realidade que nos rodea. Sendo o nivel local onde o dereito á participación pode ser mellor exercitado, e onde é mais fácil a evolución da democracia representativa á democracia participativa.

Neste senso, a Deputación da Coruña organiza as I Xornadas sobre Voluntariado e Política Social, dirixida a profesionais e público en xeral, vinculado cos servizos sociais e voluntariado, tanto no ámbito público como no privado.

DATAS E PARTICIPACION

A xornadas terán lugar o vindeiro 12 de novembro de 2015 na Deputación da Coruña, rúa Alférez Provisional nº 2, 15003 A Coruña, de 9:30 a 18:30 horas

PROGRAMA DE CONTIDOS

(Podes descargar o programa AQUI)

9:30-10:00: - Recepción de persoas participantes e entrega de documentación.

10:00-10:30 - Mesa inaugural

10:30–11:00 - Conferencia: O Proxecto VOLWE 2011-2013 e a experiencia dos Tic Tac Town 2013 e 2014.

11:00-12:30 - Mesa Redonda: Experiencias e boas prácticas de desenvolvemento local e participación social.(Asociación aprendizaxe | servizo Voluntariado dixital da Xunta de Galicia | Experiencia Concello de Padrón)

12:30-12:45 - Descanso

12:45-14:00 - Conferencia: Unha experiencia de Erasmus+ (Voluntariado e Asociación, Concello de Vedra)

16:00-18:00 - OBRADOIROS (escoller a participación)

18:00-18:30 - Mesa de clausura institucional e entrega de diplomas.

OBRADOIRO I

Os sistemas de calidade nos servizos sociais e programas de voluntariado.Impartido por Cruz Vermella.

OBRADOIRO II

Mellora da eficacia e eficiencia dos proxectos sociais. Impartido por Mª Pilar Lorenzo Campos.

.

OBRADOIRO III

A inclusión social: do asistencialismo á emancipación. Impartido por Asociación Down Coruña.

INSCRICION


Para inscribirte cubre os teus datos no seguinte formulario. PULSA AQUÍ PARA ACCEDER

DESCARGAS


CARTEL INFORMATIVO

Descarga o cartel informativo das xornadas para a súa difusión.

LOGOTIPO

Se o necesitas, aquí podes descargar o logotipo destas xornadas.

INFORMACION

Aquí podes descargar unha descrición mais detallada destas xornadas.

Neste apartado podes atopar documentación de interese sobre as xornadas. Pulsa sobe a imaxe para descargar

CONTACTO


Senes Cit S.L.
Villa de Carral 22 bajo, 15002 A Coruña

proxectos@senescit.es

+ 34 610-210-607 / 981-140-890

-->
Copyright © 2015 SENES CIT S.L.. Design by Senes CIT S.L.